O DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA PASÁMOLO EN PIXAMA

 
Bos días!

Hoxe é o Día dos Dereitos da Infancia. Conmemórase esta data dende o ano 1989, cando se aprobou a Convención sobre os Dereitos Da Infancia

Se queredes coñecer cales son eses dereitos que todos os países deberían manter (agás Estados Unidos, que non se comprometeu) tedes uns cantos libros sobre eles na Flavioteca. E aquí abaixo tedes algúns dos dereitos da infancia vistos por vós:





Estaredes pensando que por que ides en pixama para recordar os vosos dereitos. Pois ben, todos os nenos e nenas teñen dereito a un fogar, a vivir nunha familia. Por desgraza, hai moitos (aproximadamente 21.000 en España) que non viven así, que viven en centros de acollida e non teñen unha familia coa que convivir. 

Para recordar que todos  os nenos e nenas deberían poder ter un fogar e compartir tempo en familia poñedes o pixama. 








 

Comentarios