MÚSICA CUNHA MÁQUINA DE ESCRIBIR

 

Bo día!
Antes de que os ordenadores chegaran ás casas e ás oficinas había unhas máquinas que servían para escribir con letras de imprenta cartas e outros documentos. Eran as máquinas de escribir, que foron evolucionando ata chegar a ser eléctricas e ter unhas teclas máis cómodas que as da imaxe superior.


As máquinas de escribir eran tan normais no século XX que no ano 1950 o compositor estadounidense Leroy Anderson escribiu unha peza para orquestra que incorporaba unha máquina como instrumento. Aquí podedes escoitala con Miguel Roa como director da orquestra e Alfredo Anaya tecleando.
Aviso: o vídeo é moi divertido!





Comentarios