XOGANDO CO 2.021


Feliz ano novo!

Comezamos este ano 2021 no Flavia propoñendo un xogo. Imos usar as catro cifras do novo ano para facer 10 preguntas, algunhas moi sinxelas e outras máis complicadas. 

Podedes facer este reto en grupo ou de maneira individual e, se queredes, podedes enviar as respostas en forma de comentario. Atrevédesvos?


AÍ VAN AS PREGUNTAS DO RETO 2021:

1. O 2.021 é un número par ou impar?

2. Canto suman as catro cifras do novo ano?

3. Cal sería o dobre do resultado anterior?

4. E o triplo?

5. Cal é o número máis alto que podemos formar con esas catro cifras?

6. E cal é o máis baixo?

7. Como se escribe 2.021 en galego? 

8. E en español?

9. Que número obteríamos se lle sumamos unha decena?

10. E se lle sumáramos unha centena?

Comentarios

  1. Ola Ef!
    Feliz ano! Somos a clase de 3ºA e queremos contestar a esas preguntas.
    1. Impar.
    2. 5
    3. 10
    4. 15
    5. 2.210
    6. 0122
    7. dous mil vinte un
    8. dos mil veintiuno
    9. 2.031
    10. 2.121
    Chao, Ef! Grazas polos xogos!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola! Feliz ano a vós tamén! Graciñas por enviar as vosas respostas.

      Eliminar

Publicar un comentario