DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS

 Ola!

O pasado 14 de marzo celebrouse o Día Internacional das Matemáticas e por iso os alces queremos recordarvos que as matemáticas están en todas partes e teñen moitísimas utilidades.


Sen elas non poderiamos ter internet, nin viaxar, nin construír cousas, nin saber o tempo que vai facer, nin coñecer as características do universo e da natureza... 

O día escollido para a celebración non é casual: é a data de PI, que escrita nos Estados Unidos sería 3.14 (porque primeiro poñen o mes e logo o día).

E diredes: por que é tan importante PI? Pois aquí tedes varios vídeos que volo poden aclarar un chisquiño. É fundamental nas matemáticas! 



Comentarios