OS PINGÜÍNS DA ILLA ELEFANTE


Ola!
A Illa Elefante está no Océano Antártico e é un dos lugares do mundo no que hai un maior número de colonias de pingüíns. 🐧🐧🐧



Hai 50 anos fixérase un estudo completo das poboacións de pingüíns que había na zona e, agora, un equipo de científicos volveu alí para investigar. 


A tarefa parecía sinxela: contar pingüíns. Tiveron unha axuda que fai 50 anos non existía: os drons e a intelixencia artificial.

Tamén fixeron un mini documental de 15 minutos que amosa o seu traballo e a vida destas aves tan simpáticas. Paga a pena velo!


Por certo, o documental, de Greenpeace, foi recentemente galardoado.




Comentarios