DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

 

Ola!

Hoxe, 2 de abril, é o Día do Libro Infantil e Xuvenil

Celébrase nesta data porque un 2 de abril de fai moitos anos (en 1805) naceu Hans Christian Andersen. Se queredes saber sobre el, premede aquí

Como todos os anos, hai un cartel (o que podedes ver enriba👆, feito por Robert Mello) e unha mensaxe, escrita por Margarita Engle e traducida ao galego por María Canosa. Ademais tamén podemos disfrutar dun vídeo no que aparecen músicos, escritores e lectores coma vós. Ánimo e a coller un libro!


MENSAXE:

Cando lemos, á nosa mente médranlle ás.
Cando escribimos, os nosos dedos cantan.

As palabras son golpes de tambor e frautas na páxina,
paxaros voadores e elefantes trompeteiros,
ríos que flúen, fervenzas que caen,
bolboretas que viran
alto no ceo!

As palabras convídannos a bailar
ritmos, rimas, latexos do corazón,
cascos e bater de ás, contos antigos e novos,
fantasías e verdades.

Esteas cómodo na casa
ou atravesando veloz as fronteiras cara unha nova terra
e unha lingua estraña, as historias e poemas
perténcente.

Cando compartimos palabras, as nosas voces
vólvense música do futuro,
paz, alegría e amizade,
unha melodía
de esperanza.

VÍDEO:



Comentarios