Ola!
Hoxe é o Día Mundial dos Océanos, unha data que debe servir para facernos reflexionar sobre a importancia de coidar da parte azul do noso planeta.
Por iso aquí queremos deixarvos uns cantos datos que axudan a entender o desastre que supón o cambio climático para os océanos e mares.
⚠Máis do 70% dos tiburóns e raias desapareceron nos últimos 50 anos.
⚠Ata o 90% dos arrecifes de coral de aguas cálidas perderanse, incluso se o quencemento global é só de 1,5 °C (e parece que vai ser maior).
⚠No ano 2035, o xeo do Océano Ártico podería desaparecer por completo no verán. Especies como os osos polares xa están notando esa perda de xeo marino.
⚠ Cada segundo, máis de 200 kilos de basura van a parar aos océanos.
⚠ A minaría sobre o fondo marino xa comezou. Hai agora mesmo 29 explotacións mineiras submarinas no mundo.
⚠A pesca con redes de deriva (que capturan accidentalmente todo tipo de animais marinos) deixou só no Océano Índico e nos últimos 60 anos 4,1 millóns de golfiños mortos.
Para darvos unha pouca de alegría despois deses datos tan terroríficos e para aprender máis sobre os océanos, deixamos uns xogos e un vídeo aquí abaixo:
Comentarios
Publicar un comentario