Ei!
Hoxe tivemos un montón de sesións de contacontos para que todos puideramos disfrutar da arte de Pedro Brandariz, que compartíu connosco Daniela Pirata.
Daniela Pirata é unha historia moi interesante sobre unha nena que quere ser pirata e ten que enfrentarse a sete retos que lle marca un capitán moi machista.
O final non volo contamos para non destripar o conto, pero desexamos que ese final saia do libro e se extenda por toda a sociedade.
Queremos darlle as grazas a Pedro Brandariz por facer da lectura e da escoita unha arte e por ter que escoitar unha chea de timbres ao longo de toda a mañá.
Comentarios
Publicar un comentario