ANIMANIMALS

 

Ola!

Animanimals é o nome dunha serie de debuxos animados sobre animais. A serie é alemana, está creada por Julia Ocker e recibiu moi boas críticas e un bo feixe de premios.

Os capítulos son moi curtiños e, aínda que estean pensados para un público infantil, aos non tan mozos tamén lles gustarán. Fixo! 
Aquí vos vai un capítulo de mostra: A FORMIGA 


E aquí tedes dous enlaces: a un xogo de memoria e á canle de Youtube da serie.
Desfrutade!





Comentarios