DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Ola!

O vindeiro domingo 26 de setembro será o Día Europeo das Linguas, data na que se celebra a gran diversidade lingüística da que gozamos no noso continente.

Queredes coñecer algúns datos curiosos?

 

👍En todo o continente europeo existen máis de 225 linguas nativas. 

👍A Unión Europea é a institución do mundo máis plurilingüe. Recoñece 24 linguas oficiais, e 60 linguas rexionais ou minoritarias. 

👍No territorio da Unión Europea fálanse algo máis de 100 linguas procedentes doutros continentes do mundo grazas aos inmigrantes.

É unha sorte ter tal riqueza lingüística e cultural!


 

Comentarios