Bo día!
Hoxe, 21 de setembro, é o Día Mundial do Alzheimer. O alzheimer é unha enfermidade que afecta á memoria e que se chama así polo doutor que a investigou por primeira vez: Aloysius Alzheimer.
![]() |
Aloysius Alzheimer (1864-1915) |
Esta enfermidade está moi extendida hoxe en día e é a principal causa de discapacidade nas persoas maiores.
Dende a Flavioteca queremos unirnos a esta conmemoración, para que todos tratemos de darnos conta de que a memoria é algo moi importante que se pode perder co paso dos anos e entendamos polo que pasan as persoas que sufren o alhzeimer e as súas familias. Por iso, nalgúns cursos, andan a ler e reflexionar sobre un conto moi fermoso escrito por Elena Ferrándiz: Hilos de colores.
Comentarios
Publicar un comentario