O CAMIÑO DE SANTIAGO

Como xa saberedes, estamos nun ano Xacobeo e o Camiño de Santiago (os camiños, porque en realidade son moitos) está moi de moda. 

Por iso hai máis peregrinos que outros anos, e iso que aínda non nos libramos de todo da pandemia. Tamén hai unha chea de información interesante sobre os camiños, con xogos e guías para descubrilos.

Por se vos animades a mirar e a andar (ánimo!, é unha actividade sanísima!) dende a Flavioteca deixámosvos varias cousiñas:

👣 Clica aquí para coñecer 15 cousas que non sabías do Camiño de Santiago

👣 Aquí podes facer paseos virtuais por espazos galegos do  Camiño de Santiago

👣 Clica para ver 10 espazos naturais nas rutas do Camiño de Santiago

👣 Aquí poderás disfrutar dunha viaxe sensorial.

👣 Clica para ver 12 aves típicas do Camiño de Santiago en distintas épocas do ano.

👣 Aquí hai 6 sorpresas que nos ofrece a natureza en Galicia.


👣 E aquí vai unha guía ilustrada do Camiño

Ao mellor non sabedes cando se celebra o ano santo, é dicir, cada canto hai un ano xacobeo. Resulta que o que tedes que mirar é se o Día do Apóstolo (o 25 de xullo) cae en domingo. Así que o próximo será no 2027, pero iso non quere dicir que non poidades visitar Santiago antes. Non vos apetecería?

Comentarios