NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Boas!

Ao longo de todo este mes haberá un bo número de eventos relacionados coa ciencia nas bibliotecas galegas. Para que non vos perdades nada, aquí tedes o programa completo.

Tamén podedes aproveitar e vir coller libros á Flavioteca sobre calquera tema científico. Hai unha chea onde escoller e iremos deixando moitos deles expostos na entrada para que os vexades ben.  👀

E aquí vos deixamos un enlace a unha serie de vídeos moi interesantes: A TOUPICIENCIA


Ademais en Padrón podedes disfrutar dende fai uns días da exposición Matemáticas para un mundo mellor que está nas rúas Real e Tahona. Tedes ata o 10 de decembro para pasar por alí. Ten moi boa pinta!

 






Comentarios