OS DEREITOS DA INFANCIA E O DÍA DO PIXAMA

Ola!

Hoxe é 19 de novembro e celebramos por adiantado o Día dos Dereitos da Infancia, que é mañá sábado. 
Queredes saber cales son eses 10 dereitos fundamentais?
 
 📝 DEREITO Á IGUALDADE
 📝 DEREITO Á IDENTIDADE
 📝 DEREITO Á FAMILIA
 📝 DEREITO Á EDUCACIÓN
 📝 DEREITO AO XOGO
 📝 DEREITO Á SAÚDE
 📝 DEREITO Á EXPRESIÓN
 📝 DEREITO Á PRIVACIDADE
 📝 DEREITO Á PROTECCIÓN
 📝 DEREITO Á INTEGRACIÓN
 
Hoxe ademais vimos ao colexio en pixama para reivindicar que todos os nenos e nenas deberían ter dereito a vivir nunha familia, nun fogar. 
 
Esta iniciativa, que xa ten uns anos, lévase a cabo en toda España e trata de facernos recordar que hai moitos miles de menores vivindo en centros de acollida e que carecen dunha familia que os acompañe. 




 

Comentarios