Boas!
Esta semana sucederon tantas cousas no colexio que aínda non puidemos comentarvos todo. De feito, como é a semana do aniversario de Rosalía de Castro, tivemos unha visita moi especial.
Esta semana sucederon tantas cousas no colexio que aínda non puidemos comentarvos todo. De feito, como é a semana do aniversario de Rosalía de Castro, tivemos unha visita moi especial.
O alumnado de 5º e 6º de educación infantil asistiu a un taller a cargo de Polo Correo do Vento, no que puideron coñecer cousiñas sobre a autora e ata a debuxaron seguindo as indicacións que lles foron dando. E fixérono moi ben! Mirade, mirade...
Os rapaces e as rapazas de 4º de infantil tamén fixeron o seu propio mural e quedoulles fantástico!
Comentarios
Publicar un comentario