A QUE SABE A LÚA?

 

A que sabe a lúa? é o título dun libro precioso, deses que atesouramos nas nosas bibliotecas como se foran unha xoia. Está escrito e ilustrado por Michael Grejniec.

 

A pregunta que lle dá título ao libro abre a nosa imaxinación e fai que queiramos acompañar ao protagonista para que poida chegar a coller un cachiño de lúa para probala.

O alumnado de 2ºB fixo un fermoso vídeo contándonos a historia dun xeito moi especial. Mirade, mirade! 



Comentarios