DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


Boas, xentiña!

Con este título tan fermoso "As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día" acabamos de celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil o pasado 2 de abril. 

O texto que segue é de Richard Van Camp, un escritor e contacontos canadense moi afamado, que foi o encargado este ano de facer a mensaxe.

 
Richard Van Camp
 
Ler é liberdade. Ler é respirar.
 
Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.
 
Ler permítelle ao teu espírito soñar.
 
Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.
 
A plenitude do teu universo só medra cando les.
 
As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa que logo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.
 
As historias son menciña. Curan. Reconfortan.
 
Inspiran. Ensinan.
 
Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso.
 
Mahsi cho. Moitas grazas.
 
AUTOR: RICHARD VAN CAMP
TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO

Comentarios