NA FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA

Boas!

Neste mes de abril houbo tamén tempo para visitar a Fundación Camilo José Cela, que inclúe dous museos no seu interior: o do propio autor e o do ferrocarril. 

NO MUSEO CAMILO JOSÉ CELA

Non todos os días podemos ver como vivía un escritor importante. Aquí vimos un bo número de obxectos, manuscritos, fotografías, cadros... que pertenceron a Camilo José Cela. Incluso a medalla que recibíu cando gañou o Premio Nobel!


Cela con Picasso


O MUSEO DO FERROCARRIL 

O que moitos non sabiamos era que había outro museo dentro da Fundación Camilo José Cela.  Sabedes por que hai un museo do ferrocarril alí? Porque o avó de Camilo foi o primeiro ferroviario galego, viña de Londres e chamábase John Trulock.

Ford-T de 1917 como o do avó de Camilo


Colección de farois
 

Maqueta dunha locomotora


 

Comentarios