Bo día!
Polo Día do Libro houbo un grupiño de rapaces e rapazas que nos contaron un conto moi simpático.
Seguro que xa o coñecedes: Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis, de Chema Heras e Kiko da Silva.
Conta a historia de Martiño, un cativo que tivo ganas de mexar na noite de Reis e non sabía moi ben se erguerse para ir ao baño. Mirade, mirade...
Noraboa aos que fixestes este vídeo posible! O libro témolo na Flavioteca por se tedes ganas de collelo emprestado.
Comentarios
Publicar un comentario