OS ESCRITORES TAMÉN MORREN

Ola!

Hoxe queremos falarvos dun escritor que acaba de falecer e que desexariamos que vivira moito máis tempo.

Chamábase Domingo Villar e escribía en galego, pero os seus libros foron traducidos a unhas cantas linguas para que noutros países tamén puideran disfrutar dos seus escritos. 




Domingo Villar só tivo tempo de escribir catro libros e de prologar e traducir ao español a nova edición de Cousas de Castelao. Pero as personaxes que saíron da súa imaxinación, como o inspector Leo Caldas, durarán moito. Seguro que cando vaiades ao instituto vos encantan as súas investigacións!


Os escritores tamén morren, aínda que algo deles pode durar para sempre se seguimos lendo o que escribiron. 

Comentarios