DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


Ola!

Onte, 5 de xuño, foi o Día Mundial do Medio Ambiente. Por iso hoxe compartimos o vídeo elaborado polas Nacións Unidas para este ano e que ten como lema: UNHA SOA TERRA.

 


 O vídeo recórdanos que só existe un planeta Terra e que debemos coidalo para que siga contendo vida.

Para que vexades algo moi sinxelo co que todos os habitantes do planeta podemos axudar, deixámosvos unha imaxe na que sae o tempo que tardarían en desaparecer distintos tipos de lixo se os deixaramos na natureza. 

Reducir os nosos residuos e depositalos nos lugares correctos axuda moito ao medio.

 

 


Comentarios