DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

Bo día!

Hoxe é o Día das Bibliotecas. O cartel deste ano foi feito pola ilustradora galega Xulia Vicente. E o lema BiblioTEcuida fala desa man amiga que pode ser a biblioteca á hora de ofrecernos a todos acceso á información e aos libros.  

Pero sabedes por que se celebra o Día das Bibliotecas o 24 de outubro e non en calquera outra data? 

É porque xusto ese día, no ano 1992, destruíron, nunha terrible guerra que tiña lugar nun pedaciño de Europa, unha fermosísima biblioteca. 

biblioteca de Sarajevo foi reconstruída e volveu abrir as súas portas no ano 2014. E sigue coidando dos seus usuarios.



 



Comentarios