Boas!
Gústavos escribir? Sabedes para que serve?
📝 Serve para aprender.
📝 Serve para recordar cousas.
📝 Serve para contar algo que pasou.
📝 Serve para contar cousas inventadas.
📝 Serve para comunicarnos con nós mesmos.
📝 Serve para facer arte.
📝 Serve para explicar como funcionan os aparellos.
📝 Serve para debuxar letras e números.
📝 Serve para expresarnos.
📝 Serve para xogar.
📝 Serve para recoller ideas e descubrementos e poder compartilos.
📝 Serve para facer cine, teatro, humor...
📝 Serve para contar noticias.
📝 Serve para traducir a outras linguas.
Escribir é algo moi útil! Por iso, dende as bibliotecas escolares este curso imos a darlle moita vida á lingua escrita.
Comentarios
Publicar un comentario