NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Boas!

Comezamos o mes de novembro, no que a ciencia nos acompañará nas bibliotecas escolares. 

O manifesto deste ano é dun profesor e investigador da Universidade de Santiago que se chama José Tubío e comeza deste xeito:

O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica

“Terra á vista!”, berraba un dos mariñeiros desde a punta do pau maior. “Terra á vista!”, “terra á vista!”, repetía unha e outra vez, por se algún dos tripulantes da corbeta María Pita non escoitara.
 
Desde a saída da Coruña,
a expedición levaba meses navegando as augas tenebrosas do Atlántico, facendo tan só dúas paradas tácticas nas Canarias e en Porto Rico. A bordo da embarcación ía unha tripulación de trinta e sete persoas cunha grandísima responsabilidade: a de facer chegar a América a vacina da varíola, unha terrible enfermidade moi infecciosa e cruel, que matara millóns de persoas en todo o mundo ao longo da historia. Dona Isabel Zendala (ou Zendal, como tamén se coñece), enfermeira a bordo, respiraba algo aliviada ao ver que aquela viaxe chegaba por fin a terra firme. Non era para menos, pois tiña ao seu cargo máis de vinte pequenos, a maioría deles galegos, aos cales coidara naquela longa viaxe como tan coida unha nai.

 

Se queredes seguir lendo e ver as actividades programadas nas bibliotecas públicas galegas, premede na chave: 🔑

Comentarios