Hoxe queremos recomendar uns libros que nos encantan e que, en realidade, son cadernos.
Pero non son uns cadernos calquera, xa que inclúen unha chea de actividades de escrita moi orixinais: entrevistar a un piollo, escribir unha carta sen usar a letra "A", inventar castigos xeniais, crear menús fantásticos...
Os exemplares que temos na biblioteca, en galego e en castelán, poden servirlles aos profes para sacar ideas de tarefas de escrita únicas e sorprendentes.
Pedídellos! Están na parte de consultas, na zona de linguas 👅👅
Comentarios
Publicar un comentario