LINGUA GUAPA

 

O vindeiro 21 de febreiro celébrase o Día Internacional da Lingua Materna, por iso compartimos un vídeo moi interesante sobre a orixe da lingua galega.

É a primeira película feita pola Real Academia Galega e, como di a propia academia, está "baseada en feitos sorprendentes pero reais como a vida mesma". 

Esta curtametraxe foi unha idea de Fina Casalderrey e está protagonizada por unha meiga-mestra (Fátima R. Ruibal) e  un grupo de nenos e nenas dun colexio de Moraña. 

 


Comentarios