FESTEXANDO O DÍA DO LIBRO

Boas!

Como ben sabedes o día 23 de abril é o Día do Libro, por iso estaremos ata finais deste mes celebrándoo.

Este curso temos unha xincana artística, ARTEFLAVIA, na que os libros de arte que temos na biblioteca nos axudarán a desenvolver a nosa creatividade.

Hai 5 postos polos que temos que pasar en equipo para darlle voltas a unha expresión artística: ESCULTURA, ESCRITA CREATIVA, ARQUITECTURA,  TEATRO E PINTURA.

E contamos, coma sempre, cos axudantes de Ef para botar unha man. Moitas grazas!!!

Hoxe deixamos por aquí algunhas imaxes dos primeiros talleres, co alumnado de infantil e de 1º de primaria. 

















 

 

Comentarios

Publicar un comentario