O DÍA DAS LETRAS

 
Bo día!

Hoxe é 17 de maio, Día das Letras GalegasEste ano, como xa sabedes, está adicado a Francisco Fernández del Riego, o impulsor da creación do Día das Letras Galegas. 

Grazas a el e a otros dous académicos da Real Academia Galega, comezou a celebrarse esta data tan especial no ano 1963 homenaxeando a Rosalía de Castro. 

Ademais, Fernández del Riego foi o fundador da editorial Galaxia, pioneira na edición de libros en galego. 

Aquí tedes aos rapaces e rapazas de primeiro posando cun libro sobre a vida e as viaxes por Galicia de "Don Paco".



 

Comentarios