O PROGRAMA OBSERVA_ACCIÓN

 Bo día! 

Xa contamos fai un tempo que hai un grupo de profes no noso colexio facendo un programa de formación, que consiste na observación e no intercambio de experiencias con outros mestres e mestras.

A pasada semana foron visitar o Colexio Plurilingüe da Laxe de Marín para coñecer de primeira man o seu traballo. E, no Flavia, tamén recibimos a visita de mestres e mestras deste centro, que viñeron observar o noso quefacer diario.


Aquí tedes ao grupo de mestras compartindo impresións desta segunda fase do programa Observa_Acción.

Está a ser unha experiencia moi positiva e enriquecedora. Noraboa polo voso traballo!




 

 

Comentarios