O ANIVERSARIO DE EF NO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Bo día!

Hoxe, 24 de outubro, é o Día das bibliotecas e tamén é o aniversario de Ef

Celebrámolo cantándolle e facéndolle un agasallo moi especial.

É unha nova caixa de correo para poder enviarlle mensaxes. Así poderemos contarlle cousas que nos gustaría ter ou facer na biblioteca, pedir libros ou xogos... 


O envoltorio do agasallo e a tarxeta de felicitación fixéronas en infantil. Mirade que ben quedaron!


Queremos desexarlle moitos parabéns a Ef e moitos anos de vida! 

Comentarios