Por cuarto ano consecutivo, celebramos o Día dos Dereitos da Infancia en pixama. Seguro que xa sabedes o porqué.
Por se non o recordades, imos en pixama para darlle visibilidade a un deses dereitos fundamentais dos menores, que dí que todos os nenos e nenas teñen dereito a un fogar, a vivir nunha familia.
Este ano, recibimos a visita do alcalde, da representante de Acougo (a asociación galega das familias de acollida) e doutras representantes públicas.
E tamén disfrutamos dunha curtametraxe que explicaba a situación dos nenos e nenas que viven en centros de acollida e non teñen unha familia coa que convivir.
Aquí compartimos o vídeo para que poidades voltar a velo se queredes.
Comentarios
Publicar un comentario