EN NOVEMBRO, CIENCIA EN GALEGO


Ola!

Novembro é un mes con moita ciencia. 

Como outros anos, poñemos á vosa disposición o manifesto escrito para conmemorar a celebración do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Titúlase "Sementeiras de curiosidade científica" e está escrito por Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas da USC e membro do Consello da Cultura Galega. 

Podédelo ler aquí

Tamén queremos animarvos a levar para a vosa aula a maleta que ten Ef no Salón dos Pasos Perdidos. 

Que haberá nela? Se queredes descubrilo pedídelle á vosa profe que a leve para clase. Proximamente, desvelaremos o misterio.

Comentarios