Bo día,
Hoxe é o Día da Paz e celebrámolo no Salón dos Pasos Perdidos.
Ademais de cantar todos xuntos Campás pola paz, o alumnado de 6º interpretou Down by the Riverside, unha canción que cantaban os escravos xa antes da guerra civil estadounidense e que fala de paz e liberdade.
Estes días estivemos facendo uns murais sobre persoas e entidades relevantes de distintos lugares do mundo. Son as imaxes que acompañan este texto.
Comentarios
Publicar un comentario