VIVA ROSALÍA!


 Bo día!

Hoxe é o Día de Rosalía e, para celebralo, levamos uns días debuxándoa e lendo os seus poemas.  

Incluso o mércores o alumnado de primeiro, segundo e terceiro asistíu ao espectáculo de títeres A viaxe de Rosalía no Auditorio Municipal. 

Pero, como o 23 de febreiro é o seu aniversario, festexámolo todos xuntos no Salón dos Pasos Perdidos, cantando e recitando algúns dos seus poemas e coa proxección dun marabilloso vídeo sorpresa no que todos os cursos recitastes unha estrofa súa

E para rematar, berramos un "Viva Rosalía!" ben alto e alegre.

Comentarios