DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Bo día!

Hoxe, 8 de marzo, recollemos unhas cantas cousiñas que sucederon nesta  semana e que teñen que ver coa celebración do Día Internacional da Muller.


No Salón dos Pasos Perdidos hai unha exposición fotográfica sobre as mulleres máis importantes das nosas vidas xunto cunha chea de libros que podedes levar emprestados.


Ademais, dende fai días estamos a compartir Lecturas Violeta na Hora de Ler, despois do recreo. Por iso, os axudantes de Ef de 5º andan a visitar as aulas de infantil e de 1º de primaria. 

Tamén recibimos a visita dunha Rosalía moi especial grazas ao CIM Terras de Iria, como xa contamos na entrada anterior.

E, grazas á participación en Donas de Si, recibimos a dous membros de Polo Correo do Vento que viñeron falar e debuxar a Maruja Mallo.




Comentarios