Bo día!
Mañá, 17 de maio, é o Día das Letras Galegas. Con motivo desta celebración, hoxe estamos a festexar a nosa cultura cunha mostra de música, instrumentos e traxes tradicionais.
Encantounos a visita de Roberto, que explicou as pezas que compoñen a gaita e os traxes. Ademais algunhas mestras e alumnos e alumnas uníronse coas pandeiretas e con outros instrumentos de percusión para deixarnos abraidos.
A música acompañou esta data tan especial, na que tamén puidemos descubrir algúns versos de Luísa Villalta, escritos polo alumnado de 6º no Salón dos Pasos Perdidos.
Comentarios
Publicar un comentario