![]() |
Ilustración de Óscar Villán |
Bo día!
Compartimos esta ilustración de Óscar Villán na que aparece Luísa Villalta. Está sacada da páxina da Primavera das Letras da Real Academia Galega.
Seguro que xa sabedes o porqué de preguntarvos no título deste escrito: "Quen é Luísa Villalta?"
Neste 2024 o Día das Letras Galegas está dedicado a ela, por iso temos uns cantos libros na Flavioteca para que consultedes e deixamos por aquí unha fermosa biografía feita por Xoán Babarro e Ana María Fernández.
Aquí van cinco xogos interactivos recollidos na páxina da Primavera das Letras. Premede no agasallo para poder xogar: 🎁
E aquí tedes un poema de Luísa Villalta interpretado por Xermán Son: CANTEMOS.
Comentarios
Publicar un comentario