TALLERES DE PAPIROFLEXIA

Boas!

Esta semana tres axudantes de Ef dirixiron uns talleres de papiroflexia nos Recreos da Flavioteca co alumnado de 1º e de 2º de primaria. 

Usáronse papeis para reutilizar para darlle un bo uso a ese material de refugallo e recordar que debemos coidar o medio ambiente.


Os talleres foron un éxito, xa que houbo 29  participantes e tiveron que alongarse ata as horas de ler para poder rematar os deseños que fixeron.


Moitas grazas a María, Ana e Noemi polo voso traballo e noraboa!

 

Comentarios

Publicar un comentario