Dende a Flavioteca desexámosvos un moi feliz aninovo e queremos empezar este 2025 contándovos unhas cantas curiosidades matemáticas que teñen que ver con esta cifra.
🔎2025 é un número cadrado perfecto porque é o cadrado dun número enteiro:
45² = 2025
🔎2025 é o cadrado da suma dos díxitos das vosas calculadoras:
(0+ 1 + 2 + 3 + 4 + 5 + 6 + 7 + 8 + 9) ² = 2025
🔎2025 tamén é a suma dos cubos deses mesmos díxitos:
0³ + 1³ + 2³ + 3³ + 4³ + 5³ + 6³ + 7³ + 8³ + 9³ = 2025
🔎A suma de 2025 co seu número inverso 5202 é un número palíndromo (que se lee igual de dereita á esquerda que de esquerda á dereita):
2025 + 5202 = 7227
Probade a escribir máis números palíndromos e se queredes compartídeos deixando unha mensaxe!
Comentarios
Publicar un comentario