Ola!
Estamos en abril, no Mes do Libro, e no noso concello van pasar unhas cantas cousiñas!
Haberá unha solta de libros nos parques para que os poidades levar para casa, un obradoiro de cómic, un contacontos e un taller no que investigar sobre os alimentos.
Tenvos todo moi boa pinta! E é gratis, por suposto! Se queredes anotarvos nos obradoiros e no contacontos podedes ir pola biblioteca municipal ou contactar con algún dos teléfonos que ofrece o concello: 981810761 ou 645846479.
Ademais, a biblioteca acollerá ao longo de todo este mes unha exposición de viñetas de Castelao.
Comentarios
Publicar un comentario