Bo día!
O pasado venres celebramos no Salón dos Pasos Perdidos o Día das Letras Galegas cantando con Luis Vallecillo e con varias actuacións musicais do grupo de pandereteiras e pandereteiros do Flavia.
Foi moi emocionante escoitar outra vez ao grupo que leva ensaiando coas pandeiretas dende principio de curso e no que hai alumnado de distintas idades.
Ademais, un dos integrantes do grupo cantou unha cantiga rumana que nos ensinou o moi semellantes que poden ser todas as culturas e o fermoso que é escoitar outras linguas dende o respecto.
Moitas grazas a Luis Vallecillo por vir compartir o Día das Letras con nós e a todos e todas os que actuastes!
Comentarios
Publicar un comentario