Boas!
Xa andamos no mes de maio e, como todos os anos, deixamos por aquí unhas cantas cousiñas para que vos acheguedes ás nosas letras, as Letras Galegas.
O Día das Letras Galegas de 2025 está dedicado ás cantareiras. Para representar a esas mulleres que preservaron a tradición oral das cantigas galegas, dende a Real Academia Galega escolleron a:
👉Adolfina e Rosa Casás, de Cerceda.
👉Eva Castiñeiras, de Muxía.
👉Prudencia, Asunción Garrido e Manuela Lema, tres das integrantes das Pandeireteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños.
Comentarios
Publicar un comentario