Ola!
Polas Letras Galegas a Real Academia compartíu unha obra escrita por Paula Carballeira con ilustracións de Nuria Díaz que leva por título As Ferreñas.
Compartimos o texto completo para que poidades lelo nas aulas. Xa veredes porqué. A propia autora comeza explicando:
"Este texto é teatro, pero tamén é moitas outras cousas. Imos representar un programa de radio, e poesía, e radio con música en directo, cancións, improvisacións, piques e aturuxos. Un programa de radio está pensado para ser escoitado, así que esta autora recomenda ler o texto en voz alta ou en compañía. Se se fai en soidade, debemos ter coidado, porque a xente asústase con facilidade cando ve alguén falando en alto cun público imaxinario. Se se fai en compañía, alén de ser máis divertido, cada personaxe ten a súa voz propia, e iso é moi importante, ter unha voz propia coa que dicir o que pensas, tamén cantando."
Facédelle caso a Paula Carballeira, que sabe moito, e lédeo acompañadas!
Comentarios
Publicar un comentario