MAXIA NA FLAVIOTECA

Ola!

Fai uns días pasou algo sorprendente na Flavioteca

Cando chegaron as profes a traballar na biblioteca e acenderon o ordenador quedaron coa boca aberta. Semellaba que a miña foto, que estaba de fondo de pantalla, cobrara vida. 

Debeu vir algún ser máxico pola biblioteca e darme máis cor e alegría. Que non sabedes como quedei? Mirade, mirade... 

Agora sonvos un alce moito máis feitiño e teño que darlle as grazas a esa maxia que sucedeu na Flavioteca cando non había nin profes nin alumnos diante. 

Comentarios