Ola!
Achégase o Samaín e volve a idea de que deixedes voar a vosa imaxinación e escribades unha pequena historia. Xa sabedes que ten que estar escrita en galego, ser breve, de medo e incluír algún personaxe propio da nosa mitoloxía.
Os contos poden escribirse individualmente, por parellas ou por grupos e terán que entregarse nas aulas na última semana de outubro.
Haberá sorpresas con eses contos e premios para os relatos escollidos!
.png)
Comentarios
Publicar un comentario