PARABÉNS, ROSALÍA!

Bo día!

Hoxe, 23 de febreiro, sería o aniversario da nosa escritora máis coñecida. Os nenos e nenas de 4 anos fixéronlle unha tarta polos seus 189 anos e todo o cole nos reunimos no Salón dos Pasos Perdidos para homenaxeala na hora de ler.


As pandereteiras do Flavia tocaron Adiós ríos, adiós fontes e puidemos ver varios vídeos, entre eles un moi especial da propia Rosalía.

 




PARABÉNS NO TEU DÍA, ROSALÍA!

 



Comentarios