POLO DÍA DA ILUSTRACIÓN

 


Ola!
O 30 de xaneiro, precisamente o día do aniversario de Castelao, foi o Día da Ilustración.  
Cada 30 de xaneiro escóllese un ilustrador ou ilustradora galego como protagonista para a conmemoración. 
Este 2026 o escollido foi Siro, debuxante e caricaturista de Ferrol, que traballou  en distintos xornais e revistas. 

Nós andamos a celebrar o Día da Ilustración con máis dunha semana de talleres dirixidos polos axudantes de Ef nos Recreos da Flavioteca. Estamos a aprender a debuxar personaxes mitolóxicos como o nubeiro, a coca, o gatipedro... 





 


Comentarios