Ola!
Nesta semana da prensa o alumnado de educación infantil estivo moi atarefado buscando as letras perdidas entre tiras de xornais vellos.
E nas aulas aprenderon moitas cousas sobre o xornalismo e aproveitaron xornais antigos para recortar e decorar.
Na exposición no Salón dos Pasos Perdidos tamén había oco para ler comodamente O Papagaio, un xornal mensual que sempre temos na Flavioteca.








Comentarios
Publicar un comentario