Bo día!
Hoxe recibimos a Jorge Campos, un autor e ilustrador que nos encanta. Fixo, entre outras cousas, os cómics do Capitán Lentella e ilustrou o Atlas da Galicia pequeniña e a colección de Unha mestra en apuros.
Ademais de compartir datos sobre os personaxes de Capitán Lentella, contestou ás preguntas que lle fixeron os nenos e nenas de 1º e 2º e asinou unha chea de libros.
Queremos darlle as grazas por visitarnos e recordarvos que podedes vir pola Flavioteca a buscar libros del. Temos uns cantos e pronto gozaremos dun novo Capitán Lentella! Sae en xuño!




Comentarios
Publicar un comentario