NO DÍA DO LIBRO, XUNTANZA LECTORA

 


Bo día!

Hoxe foi o día do libro e celebrámolo recibindo no Flavia ao alumnado das escolas de A Ponte e de Arretén

Viñeron 28 rapaces e rapazas, que estiveron acompañados polo grupo de 1º do noso cole. Todos xuntos pasaron unha mañá estupenda,  deseñando uns marcapáxinas moi orixinais e escoitando 2 contos moi fermosos



5 axudantes da Flavioteca contáronlles as dúas historias escollidas. Queremos darlles as grazas pola súa disposición e a noraboa por facelo tan ben! 👏👏

E queremos enviar un saúdo ás nenas e aos nenos que viñeron visitarnos e ás súas mestras. 

Moitas grazas por vir! Ata a próxima!

Comentarios